Xa pode visitarse o Belén da Mesa dos Catro Cabaleiros

Un ano máis, a Pena dos Cabaleiros conta co seu propio Belén. Ademais, toda persoa que se achegue ata a Mesa dos Catro Cabaleiros e saque un selfie co portal entrará no sorteo dun xamón e unhas botellas de viño da Bodega Val do Frade.
O último día para subir as fotos as redes sociais é o día 6 de xaneiro, e o sorteo será o sábado, 11 de xaneiro.
Esta iniciativa está a promover o turismo da zona poñendo en valor este lugar, as súas vistas e as lendas que percorren a zona.
A mesa dos catro cabaleiros
A mesa dos catro cabaleiros é o punto no que converxen catro concellos lucenses A Pobra de Brollón, Folgoso do Courel, Samos e O Incio. Segunda a lenda que percorre estas terras dise que nesta cume reuníanse na época medieval os señores que gobernaban estas catro zonas para debater os asuntos de xurisdición así como calquera outra discrepancia. Arredor desta mesa celebrábase cada ano, unha festa o último sábado do mes de xullo no que se xuntan os catro alcaldes acompañados por catro párrocos e catro gaiteiros, un de cada Concello.