Xa hai gañadores das 4 cestas de Nadal da campaña 'Merca en Chantada'

RibeiraSacraXa
Ganadores de las 4 cestas de navidad de la campaña Merca en Chantada que promovía las compras en los negocios asociados.
merca chantada premio
26 Xan 2022

A Asociación de Empresarios de Chantada e a CCA Ribeira Sacra de Chantada organizou, un ano máis, unha campaña para fomentar as compras nos negocios da zona "Merca en Chantada".

Aqueles consumidores que apostaron polo pequeno comercio de Chantada dende o 4 de decembro ata o 6 de xaneiro obtiveron premios e bonificacións. Esta actuación contou con máis de 5000 euros en bonos desconto dos diferentes negocios que participaron e, ademais, tamén se sortearon un total de 4 cestas.

Os gañadores destas cestas foron Carmen Pardo, Samuel Xosé, Yanina e Beatriz Ríos.

O obxectivo desta iniciativa era promover a confianza nos negocios de proximidade a través do sorteo de bonos de descontos nos diferentes comercios que ían dende 20 euros ata 200. Os consumidores, recibiron unha rifa co seu ticket de compra e ao rematar o período da campaña realizouse un sorteo en cada un dos locais asociados. Entre as rifas que sen premiar fíxose o sorteo das catro cestas de Nadal.

Este tipo de iniciativas apoian á economía da zona e as pequenas empresas que se viron afectadas enormemente pola pandemia da Covid. Ademais, son unha axuda para os veciños ao poder recibir bonificacións para os negocios do seu Concello.

Máis de 70 negocios e comercios de Chantada participaron nesta iniciativa que beneficia tanto aos emprendedores coma aos cidadáns.

0.1745400428772