Xa están todos os artistas e grupos confirmados para O Castañazo de Chantada
Os organizadores do festival de música rock de Chantada, o Castañazo Rock, que se celebrará os vindeiros 1 e 2 de novembro, confirman todos os artistas e grupos de música que estarán actuando no evento.
O festival, que naceu sendo 100 % de rock, evoluciona e este ano, como se pode ver polas súas confirmacións de artistas, inclúe non só música rock, senón tamén rap e hip hop para chegar a máis público e ofrecer un evento máis grande.
Desta maneira, o 1 de novembro actuarán Los Chikos del Maíz, Boikot, Zetak, Mondra, Quinkillada e Cool Nenas; mentres que o 2 de novembro, sábado, actuarán Lendakaris Muertos, The Baboon Show, Lontreira, DKTC, e Boyanka Kostova.
Ademais, estará no festival o Dj Sonora Balkumbiera, haberá pasarrúas con Mekanika Rolling Band, Cantos de Taberna, o Ourizo Miúdo, xogos branís e celebrarase o Magosto.