Xa están listas as novas beirarrúas no polígono industrial de Escairón

Neste inicio de semana remataron as obras nas beirarrúas do polígono industrial de Escairón. Isto supón unha mellora na calidade de vida e seguridade dos veciños e traballadores da zona.
O alcalde, Carlos Armesto, afirma que se trata dun “paso máis” na urbanización das zonas anexas á capitalidade municipal”.
Esta actuación supuxo un investimento de 63.000 euros e contou co apoio dunha subvención da consellería de Economía, Empresa e Innovación.