Xa están abertas as inscricións para o Quimedo 6

A organización do Quimedo abriu o prazo de inscrición para participar na sexta edición, que terá lugar o próximo 25 de outubro.
Desde a organización avanzan que este ano o evento incorporará novidades e novas experiencias, co obxectivo de sorprender aos participantes e consolidarse como unha das citas máis esperadas no municipio.
As inscricións poden realizarse de maneira presencial na Casa da Cultura de Quiroga ou a través da páxina web do concello.
Na súa última edición, o Quimedo reuniu a 1.200 participantes. A actividade consiste nun percorrido por un gran túnel do terror instalado no casco urbano de Quiroga e en Pacios de Mondelo, converténdose nunha proposta que combina lecer, participación e tradición local.