Xa está nas librarías o xogo de alpinismo 'Cordadas', ideado por unha cidadá da Pobra do Brollón

RibeiraSacraXa
Xa está nas librarías o xogo de alpinismo 'Cordadas', ideado por unha cidadá da Pobra do Brollón que está vinculada ao alpinismo
Muki Cordadas
27 Maio 2023

O xogo de alpinismo ideado por unha habitante da Pobra do Brollón, María Yañez, 'Cordadas', xa está nas librarías de Galicia para que as persoas interesadas poidan desfrutar dun xogo para todos os públicos con varios desafíos.

A creadora, máis coñecida como Muki Xogos, leva 12 anos facendo alpinismo e escalada e é secretaria no Club de Montaña O Cordal de Lugo, ademais de colaborar co club de montañismo Buxán.

Normas do xogo

Cordadas é un xogo para entre 2 a 6 xogadores, en galego e castelán e, aínda que a temática sexa a escalada e o alpinismo, calquera pode xogar porque se basea nun código de cores.

En Cordadas, a xogadora é unha intrépida alpinista ou escalador que ten o obxectivo de chegar ao cumio levando todo o material que precise. Hai cartas de material de escalada clásica, escalada deportiva e alpinismo.

O resto dos xogadores tentarán que os contrincantes non acaden o seu obxectivo por medio de cartas de trasnadas e de meteoroloxía adversa.

0.20304393768311