Xa está en marcha o minicampamento infantil 'A descuberta da Pobra do Brollón'
Xa está en marcha o minicampamento infantil 'A descuberta da Pobra do Brollón', do programa 'Coñece Galicia' no marco da campaña da Xunta 'O Teu mellor verán'.
O alcalde da Pobra do Brollón, Xosé Lois Maceda, recibiu á directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, na Salanova en Salcedo, onde se están a aloxar os rapaces e rapazas do campamento.
Tras o recibimento, foron ao local multiusos onde os e as participantes aprenderon sobre o Entroido salcedán e coñeceron a figura do Oso.
Trátase dun dos dous minicampamentos a celebrar en xullo e agosto, durante os cales unha vintena de nenas e nenos entre 9 e 14 anos procedentes de toda Galicia pasan cinco días realizando actividades lúdicas e deportivas e mais de educación ambiental na natureza da Pobra do Brollón.