Xa está aberto o prazo para solicitar as axudas ao transporte para os estudantes de Monforte

RibeiraSacraXa
O Concello de Monforte vén de abrir o prazo de presentación de solicitudes para as axudas ao transporte de estudantes universitarios e de ciclos de formación, logo da publicación o día 30 de setembro das bases que regulan estas axudas no Boletín Oficial da Provincia de Lugo e o prazo estará aberto ata o vindeiro 27 de outubro.
transporte monforte
5 Oct 2023

O Concello de Monforte vén de abrir o prazo de presentación de solicitudes para as axudas ao transporte de estudantes universitarios e de ciclos de formación, logo da publicación o día 30 de setembro das bases que regulan estas axudas no Boletín Oficial da Provincia de Lugo e o prazo estará aberto ata o vindeiro 27 de outubro.

Así, os estudantes de Monforte poderán optar a estas axudas para os gastos de transporte público ás distintas universidades, así como o alumnado de ciclos medio e superior de Formación Profesional e Bacharelato que teñan que desprazarse fóra do Concello de Monforte, por non existir oferta formativa do ciclo ou bacharelato elixido neste municipio, ou non ter obtido praza na oferta local no curso.

O alcalde, José Tomé Roca, indica que “con esta liña de axudas, que incrementamos en 5.000 euros con respecto ó mesmo período do 2021, e en 11.000 euros con respecto ao ano 2020, dende o equipo de Goberno contribuímos a facilitar os desprazamentos daqueles estudantes monfortinos que cursan estudos fóra do noso concello, ben sexa no ámbito universitario, ben noutro tipo de disciplinas que non se ofertan na nosa cidade. O noso compromiso coas políticas sociais é firme, e neste caso, somos conscientes das necesidades que os nosos estudantes teñen á hora de desprazarse fora dos seus fogares e da súa cidade”.

Deste xeito, o Equipo de Goberno do Concello fixou a contía destas axudas en 25.000 euros para os gastos de transporte do curso 2023/2024, en concreto, do período establecido entre setembro do 2023 e ata xullo do 2024.

En relación co ámbito educativo, o Concello tamén dispuxo nas pasadas semanas unha liña de axudas de 25.000 euros, para a adquisición de libros de texto e material escolar complementario, que foron adxudicados a 182 solicitudes.

Estas axudas serán compatibles coas concedidas por outras administracións ou entidades privadas sempre e cando o importe total das axudas non supere o gasto total.

Para a determinación do importe da subvención, terase en conta a renda per cápita anual e a situación laboral dos membros da unidade familiar. Quedarán excluídas aquelas rendas per cápita familiares superiores a 12.000 euros. En función destes criterios, cada solicitante poderá optar a axudas que van dende os 200 ata os 600 euros.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17402696609497