Volven as Foliadas Guímaras á Pobra do Brollón, concretamente á parroquia de Fornelas este venres
RibeiraSacraXa
A cita será o vindeiro 14 de xuño a partir das 20.15 horas no local social da parroquia
Foto de arquivo da Foliada Guímara de Lamaigrexa
12 Xuño 2024
O Concello da Pobra do Brollón organiza, unha vez máis, as súas Foliadas Guímaras, que contan coa colaboración da Deputación de Lugo así como de asociacións sociais e locais.
A cita será este venres, 14 de xuño, a partir das 20.15 horas no local social da parroquia de Fornelas e poderán participar todas as persoas interesadas, xa que é un acto público e aberto aos veciños e veciñas.
Durante o evento, contarase ademais coa actuación de Dakidoasma, un grupo de música tradicional de Chantada, e tamén haberá barra e caldo, polo que se aconsella ás persoas interesadas en participar que leven o seu culler.