Volven as 'Andainas Val de Quiroga' cunha ruta polo Xeoparque do Courel

RibeiraSacraXa
A actividade é de balde e é preciso inscribirse, na Casa da Cultura da localidade, antes do mércores 31 de marzo.
miniatura quiroga ruta xeoparque courel
25 Mar 2021

As 'Andainas Val de Quiroga' retomaranse o vindeiro venres 2 de abril cunha ruta polo Xeoparque do Courel. A actividade, que se enmarca no programa de rutas do Concello de Quiroga, comezará ás 9.00 horas con saída desde a Praza de España.

Os participantes nesta andaina farán un percorrido, de 12 quilómetros, desde Leixazós a Quiroga, pasando polo corazón "e máxima razón de ser" do Xeoparque Montañas do Courel, o pregamento xeolóxico de Campodola.

A actividade é de balde e é preciso inscribirse, na Casa da Cultura da localidade, antes do mércores 31 de marzo.

Os organizadores lembran aos participantes a obriga de facer uso da máscara sanitaria e manter a distancia de seguridade. A actividade suspenderase en caso de mal tempo.

quiroga ruta xeoparque courel

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.14405584335327