Volven a Pantón os obradoiros de scrapbooking

O Concello de Pantón retoma este outono as súas actividades de manualidades co obradoiro de scrapbooking, unha técnica que permite personalizar álbums, libros ou tarxetas.
As clases celebraranse os luns en horario de tarde, de 18:00 a 20:00 horas, e as persoas interesadas en participar poden inscribirse chamando ao 667 411 197.