Volve o programa municipal de conciliación familiar a Pobra do Brollón
O Concello da Pobra do Brollón retoma o programa municipal de conciliación laboral e familiar que comezará a partir do luns 13 de setembro.
Este servizo gratuíto pretende facilitar ás familias do concello salvar as incompatibilidades que se presentan en moitas ocasións no desenvolvemento da vida familiar e laboral. Así mesmo, o programa permite que os nenos e nenas estean acompañados de profesionais especializados realizando tarefas lúdicas e educativas no horario previo á apertura do CEIP da Pobra do Brollón.
Dende o Concello informan que se ofrece de luns a venres, de 8 a 9:30 aproximadamente, aínda que os horarios serán flexibles segundo as necesidades das familias. O servizo implántase de xeito continuo durante todo o curso escolar ou nos momentos puntuais que poidan precisar.
As familias interesadas neste programa ou en recibir información, poden facelo a través do teléfono 982430447, nas oficinas técnicas de servizos sociais, ou no correo electrónico: educacionfamiliar@concellodapobradobrollon.gal.