Volve o Castañazo Rock a Chantada despois de tres anos sen celebrarse pola covid-19
O Castañazo Rock, que leva tres anos sen celebrarse debido á pandemia da covid, volve celebrarse en Chantada.
Así, anunciaron esta noticia dicindo: "Somos un festival que naceu dende o asociacionismo e así vai seguir sendo. Incorporamos novas amizades á familia castañeira e, con forzas renovadas. O Castañazo está de volta para facer retumbar Chantada".
Os organizadores afirmaron que teñen moitas ganas de "volver ver as rúas ateigadas da nosa xente, de volver facer resoar en todo o mercado gandeiro a música en directo, de volver armar moita foliada nos cantos de taberna, pero sobre todo, temos ganas de volver ver como desfrutades e vivides o noso festi, facéndoo tamén voso".
Aínda non anunciaron a data exacta, xa que aínda queda tempo, pero confirmaron que "cando os soutos comecen a tinguirse de cores amarelas e vermellas, no tempo das castañas, celebraremos unha nova edición do festival do outono".