Volve a Taboada o servizo de Coidados porta a porta a finais de marzo
RibeiraSacraXa
Volve a Taboada o servizo de Coidados porta a porta a finais de marzo, en concreto os días 28, 29, 30 e 31
20 Mar 2023
Os vindeiros 28, 29, 30 e 31 de marzo Taboada acolle de novo o servizo de Coidados porta a porta da Xunta para os veciños do rural maiores de 55 anos.
Este servizo inclúe consultas gratuítas, con cita previa, de estimulación da memoria, podoloxía e audioloxía.
Unha unidade móbil estará estes días na Alameda de Taboada en horario de mañá e de tarde.
Para pedir cita previa e beneficiarse dun destes servizos pódese chamar aos números 622 74 82 83 ou 623 54 69 92.