Volve a Queima das Fachas a Castelo, Taboada, o vindeiro 7 de setembro

RibeiraSacraXa
O alcalde de Taboada, Roi Rigueira, agradeceu a todas as entidades colaboradoras e, sobre todo, á Asociación Cultural As Fachas "polo traballo que desenvolve todo o ano"
Queima-das-Fachas-Taboada
31 Aug 2024

O vindeiro sábado, 7 de setembro, celebrarase unha nova edición da Queima das Fachas no Castro de Castelo, en Taboada, onde os veciños e veciñas do municipio poderán desfrutar desta Festa de Interese Turístico Galego e BIC desde o 2008.

"A Queima das Fachas é un auténtico espectáculo visual que merece ser visto e desfrutado, así que vos convido a todos e todas a que veñades", dixo o alcalde de Taboada, Roi Rigueira, que agradeceu a todas as entidades colaboradoras e, sobre todo, á Asociación Cultural As Fachas "pola inxente cantidade de traballo que desenvolve todo o ano para que a noite do 7 de setembro sexa a máis especial de todo o ano".

A queima ten lugar no castro de Castelo, onde se celebra dende hai máis de dous mil anos. Trátase dunha tradición celta da que non se ten constancia escrita pero si se coñece que se mantivo en época romana, ata o punto de que sobreviviu ata os nosos días.

0.16748595237732