Volve a Belesar a Feira do Viño e das Cereixas
A Feira do Viño e das Cereixas volta a Belesar os días 15, 16 e 17 de maio despois dun ano de parón a causa da covid19. A feira contará con dúas bodegas e con seis colleiteiros que terán que respectar a distancia de seguridade entre eles e as medidas sanitarias correspondentes. Todos aqueles que queiran participar poderán adquirir cereixas ou deleitarse cunha cata de viños.
Festexarase a decimoquinta edición grazas a organización do Colectivo Cereixeiro Galego, que son os encargados de que se vaia a levar a cabo este ano. Así mesmo, a festa estará amenizada por grupos de gaitas e, o domingo 16, celebrarase o tradicional certame de Aturuxos, no que se pretende recrear o costume dos veciños das marxes deste tramo do río Miño de comunicarse a berros.