Vinte e unha bodegas e cincuenta viños da Ribeira Sacra, na Feira Prowine de Düsseldorf
Despois de acudir nas últimas datas a feiras nacionais como Vinexpo e Fenavin, a Denominación de Orixe Ribeira Sacra está presente en Prowein, a Feira de Düsseldorf (Alemania), por quinta vez na súa historia.
O certame, que se está a celebrar dende o pasado día 15 e finalizará este martes 17 de maio, supón unha excelente oportunidade para promocionar e dar a coñecer os viños da Ribeira Sacra no mercado internacional onde cada vez son máis demandados e valorados.
A D.O. Ribeira Sacra regresa a Prowein tras dous anos de ausencia pola pandemia da Covid-19 e faino cun stand propio no pavillón de España e presentando cincuenta viños nesta edición, oito brancos e cuarenta e dous tintos. Todos eles de diferentes añadas e variedades.
As bodegas que acuden a esta Feira de Düsseldorf son:
- Rectoral de Amandi SAU
- Tolo do Xisto L.
- Don Bernardino S.L.
- Régoa C.B.
- Marcos Fernández, Ramón
- Regina Viarum L.
- Rodríguez López, Víctor Manuel
- Moure Fernández, Rubén
- Verao Lópoz, Brais
- Bodegas Petrón S.L.
- Finca Míllara Bodegas y Viñedos R.L.
- Grupo Peago S.L.
- Adega Saíñas C.B.
- Terrazas de Outeiro L.
- Ronsel do Sil
- Pilares de Belesar S.L.U.
- Adega Ponte da Boga S.L.
- Rodríguez González, José Manuel
- Spanish Wine by Carlos Rodríguez S.L.
- Alma das Donas S.L.U.
- Dominio do Bibei S.L.U.
LONDON WINE FAIR
Tras a finalización de Prowein, a seguinte cita internacional para a D.O. Ribeira Sacra será na London Wine Fair do 7 ao 9 de xuño.
CHANTADA PECHA O CALENDARIO
Coa recuperación da normalidade regresou tamén a axenda de feiras do viño da D.O. Ribeira Sacra. Unha vez que xa se celebrando a Feira do Viño de Amandi, a de Quiroga, a de Vilachá de Salvadur e este pasado fin de semana a XXVII Mostra dos Viños da Ribeira Sacra de Pantón, a próxima cita no calendario será do 3 ao 5 de xuño coa 39ªFeira do Viño de Chantada, unha cita que normalmente abre o calendario de feiras pero que nesta ocasión será a última en celebrarse.