Vilamor celebra este sábado a XII Xuntanza de Artesáns

A parroquia de Vilamor, en Folgoso do Courel, acollerá este sábado, 31 de maio, a XII Xuntanza de Artesáns. Artesanía e música protagonizarán esta edición que se estenderá durante toda a xornada cun completo programa de actividades.
A feira comezará xa pola mañá, sobre ás 9:00 horas, cando terá lugar a recepción dos artesáns. Os postos de venda abrirán ao público ás 11:00 horas e, ás 13:00 horas, terá lugar o pregón, que estará a cargo do artesán e luthier Xaneco Tubio.
A música comezará á soar ás 13:30 horas cun pasarrúas e sesión vermú a cargo do grupo Cantores do Courel. Ás 14:00 horas farase unha parada para comer e, pola tarde, a partir das 17:00 horas, farase unha homenaxe a Paco O Forestal. Para rematar, a partir das 22:30 horas, haberá unha foliada libre.
Un grupo de música tradicional actuará ás 18:00 horas e, ás 20:00 horas, a festa seguirá da man da agrupación Courelouzara. Durante a xornada haberá, ademais, servizo de polbo e churrasco.