Vilamor celebra este sábado a súa tradicional Festa do Emigrante

A Asociación de Veciños e Sociocultural O Quintairo organiza este sábado, 9 de aagosto, a Festa do Emigrante na parroquia de Vilaamor, en Folgoso do Courel, cunha xornada que busca honrar a aqules tiveron que marchar de Galicia en busca dunha vida mellor.
As celebracións arrancarán ás 10:00 horsa cunha alborada a cargo do Grupo de Cantores do Courel, e continuará cun xantar popular dos veciños no Campolerín, ás 14:30 horas.
Xa pola tarde, ás 19:00 horas, terá lugar unha actuación musical aa cargo de Merenzao - Amigos da Pandeireta, dentro do programa Tradigalu da Ára de Cultura da Deputación de Lugo. A festa continuará coa actuación da Charanga de Trives ás 22:00 horas e rematará ás 00:30 horas cunha sesión a cargo de D.J. Fernando. Ademais, durante toda a xornada haberá servizo de bar no campo da feira.