Veciños do Saviñao reclaman un centro de día no municipio

RibeiraSacraXa
Consideran "unha discriminación" a falta deste servizo e piden ademais a posta en marcha do servizo Xantar na Casa
26 Jan 2021

A Asociación Veciñal do Saviñao demanda a creación dun centro de día no municipio e a posta en marcha do servizo Xantar na casa, creado pola Xunta hai unha década co obxecto de levar comida aos domicilios dos maiores a un prezo económico.

Os representantes dos veciños califican de "especialmente grave" a falta dunha residencia pública de maiores e un centro de día no Saviñao, o que obriga a moitas familias a buscar prazas en centros doutros concellos. O colectivo veciñal propón que, xa que este ano abrirá o novo centro de saúde, se aproveite o edificio do actual ambulatorio para abrir un dentro de día, coas reformas precisas.

A carencia destes servizos supón, segundo a asociación veciñal, "unha evidente discriminación" para a poboación do Saviñao e achacan a situación "á falta de iniciativa e vontade da corporación municipal".

0.15286493301392