Veciños de Courel organizan unha paella popular para reclamar máis médicos

Os veciños de Folgoso de Courel volven rexistrar cento cincuenta reclamacións pola ausencia de médicos nesta semana no concello. Nos centros de saúde de Seoane e Folgoso non houbo facultativos durante as mañáns das xornadas do luns nin o mércores e está previsto e tampouco os hai hoxe, venres.
As protestas vanse repetir este venres na praza do Concello de Folgoso do Courel con unha paella popular.
"Os veciños estamos a organizar protestas para a próxima semana porque aínda non están cubertos todos os días con asistencia medica", din.