Varios veciños de Escairón acudiron á presentación da novela 'Coa man esquerda' de Xabier Quiroga
RibeiraSacraXa
Varios veciños de Escairón acudiron á presentación da novela 'Coa man esquerda' de Xabier Quiroga durante a que se falou da obra
8 Maio 2023
Xabier Quiroga presentou no Círculo Saviñao a súa recén publicada novela 'Coa man esquerda', á que acudiron socios e varios veciños e veciñas de Escairón.
Durante o acto, que foi presentado polo editor de Edicións Xerais, Fran Alonso, tamén escritor e poeta, púxose en valor a narrativa da obra e a capacidade de Xabier Quiroga para contar historias.
Xabier, tamén veciño e amigo, foi finalista do Premio Xerais 2001 e gañador do premio da Crítica en 2009 e 2014; e rematou este evento asinando libros aos lectores fieis presentes no acto.