Varios cortes na estrada que vai cara ao encoro de Belesar dificultan o tráfico
Este mércores haberá un corte na estrada que vai cara ao encoro de Belesar desde as 9.00 ás 15.00 horas, segundo informou a través dunha comunicación de Naturgy. Nesta, din que será necesario ocupar os dous carrís da estrada que transita polo encoro de Belesar para posicionar unha grúa, debido a traballos de mantemento no encoro.
O paso de vehículos estará debidamente sinalizado, informando do corte para regular e dirixir correctamente o tráfico. Calquera tránsito considerado urxente ou de necesidade inmediata será atendido polo noso persoal, coa maior dilixencia.
Á marxe esquerda do encoro de Belesar desde Chantada (estrada LU-181) sinalarase o desvío á altura de “A Pena do Couto” e no acceso á marxe dereita do encoro de Belesar desde Monforte (estrada LU- 533) haberá sinañización de desvío á altura de “Pesqueiras”.