Varias actividades terán lugar no comezo de setembro en Taboada

RibeiraSacraXa
O Concello de Taboada presenta as actividades que terán lugar durante os primeiros días de setembro, que coinciden coa gran celebración da Festa das Fachas.
área recreativa a Medela Taboada
31 Ago 2023

O Concello de Taboada presenta as actividades que terán lugar durante os primeiros días de setembro, que coinciden coa gran celebración da Festa das Fachas.

Así, o primeiro de setembro terá lugar a festa infantil fin de verán e de campamento na Medela con actividades acuáticas, inchables e festa da escuma para todos os nenos e nenas do Concello.

Xa o xoves 7 de setembro terá lugar o obradoiro de construción de Fachas ás 17.30 horas, que se porán en valor durante a propia Festa das Fachas que se celebrará ese mesmo día ás 23.30 horas.

Por último, o 10 de setembro terá lugar a carreira popular de Taboada ás 10.00 horas, que conta coa colaboración de La Cruz Club Hípico.

programacion setembro Taboada
0.17962718009949