Varias actividades desenvolveranse no marco do programa 'Ler conta moito' para os nenos de Monforte

RibeiraSacraXa
O Concello de Monforte informa do calendario de actividades que organiza dentro do programa “Ler conta moito”, en colaboración coa Biblioteca Municipal, programa que dará comezo hoxe, venres 22 de setembro.
Ler conta moito Monforte
22 sep 2023

O Concello de Monforte informa do calendario de actividades que organiza dentro do programa “Ler conta moito”, en colaboración coa Biblioteca Municipal, programa que dará comezo hoxe, venres 22 de setembro.

“O obxectivo deste programa é dar a coñecer e fomentar a lectura entre os alumnos e alumnas dos diferentes centros de ensino de Monforte" destaca o alcalde, José Tomé Roca. Deste xeito, o venres 22 de setembro empezan as actividades deste programa, concretamente ás 12.00 horas no salón de actos da Casa da Cultura, coa obra “A Maga Sargantana”, a cargo de Los últimos Teatro. Esta actividade está dirixida a alumnos e alumnas de segundo de Primaria dos centros de ensino de Monforte.

O venres 29 de setembro ás 12.00 horas desenvolverase a obra “Unha maxia diferentes”, por O Mago Paco, tamén no salón de actos da Casa da Cultura. Esta obra é para alumnos e alumnas de terceiro de Primaria dos centros de ensino de Monforte.

Finalmente, o venres 6 de outubro as 12.00 horas terá lugar no mesmo lugar a obra ”Maxiatola e lectora” a cargo do Leo Leíño, para alumnos e alumnas de primeiro de Primaria dos centros de ensino de Monforte.

Cartel Ler conta moito outono 2023
0.14978218078613