UU.AA. denuncia o "abandono" de Medio Rural para controlar a praga de ratas na Montaña

RibeiraSacraXa | LugoXa | SarriaXa
A organización agraria reprocha á Xunta a "deixadez" ante esta praga e critica que non teña habilitado ningunha liña de axudas
danos rata toupa  montaña
2 Mar 2021

Unións Agrarias denuncia o "abandono por parte da Consellería do Medio Rural" para controlar a praga de ratas toupa nos concellos da Montaña de Lugo.

A organización agraria critica a "deixadez" da Administración autonómica e afirma que "deixou pasar más de dous anos ata a posta en marcha da primeira actuación ao respecto: un plan piloto que non era máis que un ensaio sen ir máis aló porque a fase de erradicación aínda non se concretou".

Unións Agrarias cualifica de "inaceptable" que neste tempo a Xunta de Galicia "teña feito oídos xordos" ás peticións de axuda dos afectados, así como que "non habilitase ningunha liña para paliar os cuantiosos danos".

Sobre as primeiras actuacións, sostén que "a posta en marcha dos ensaios para probar distintos métodos para o control da praga que nos últimos días se están a realizar por persoal de Tragsa en distintas fincas da zona chega moi tarde". Isto, engaden, "dá boa  mostra do escaso compromiso da administración hacia os problemas que afectan ao noso medio rural".

A organización lamenta a ausencia dun "plan de acción integral" e de presuposto destinado á praga de roedores "na totalidade da superficie afectada". Rexeitan igualmente que se deixe "en mans dos propios afectados a instalación de trampeos", entre outras razóns "polo custe económico engadido aos cuantiosos danos que estes animais levan meses provocando".

As Nogais, Baralla, Cervantes, Folgoso do Courel, Navia de Suarna, Pedrafita do Cebreiro, Samos e Triacastela son os territorios máis afectados.

0.15371417999268