Uns autobuses lanzadeira gratuítos levarán aos turistas aos puntos máis visitados da Ribeira Sacra

RibeiraSacraXa
Uns autobuses lanzadeira gratuítos levarán aos turistas aos puntos máis visitados da Ribeira Sacra ata o 30 de agosto
ribeira sacra
15 Xul 2023

A entidade Ribeira Sacra Consorcio de Turismo vén de poñer en funcionamento unha proba piloto de servizos lanzadeira para desconxestionar o tráfico dos vehículos cara aos recursos máis visitados da Ribeira Sacra.

Este servizo consistirá en autobuses que funcionarán ata o vindeiro 30 de agosto, cubrindo así todo o verán, e nos que poderán viaxar todas as persoas interesadas sen ningún tipo de coste, aínda que deben facer as súas reservas de antemán.

Así, os itinerarios serán de Monforte de Lemos ao embarcadoiro de Ponte do Sil, de Castro Caldelas ao embarcadoiro de Abeleda, de Monforte de Lemos ao embarcadoiro de Belesar, de Escairón a Belesar e á Praia da Cova; e, por último, de Parada de Sil ao Monasterio Santa Cristina de Ribas de Sil, que este traxecto si terá un custo de tres euros, xa que inclúe a entrada ao monasterio.

Esta iniciativa está cofinanciada pola Secretaría de Estado de Turismo, Turismo de Galicia e o Ribeira Sacra Consorcio de Turismom con cargo ao Plan de Sostibilidade da Ribeira Sacra.

ribeira sacra
0.2111599445343