Unhas letras de entrada ao Concello de Ribas de Sil darán a benvida a visitantes e peregrinos

RibeiraSacraXa
Unhas letras de entrada ao Concello de Ribas de Sil darán a benvida a visitantes e peregrinos grazas a un obradoiro de emprego
Letras Ribas de Sil
7 Xul 2023

O alumnado do obradoiro de emprego Sillor X deseñou, elaborou, construíu e instalou nunha mesma xornada as letras co texto 'Ribas de Sil' nas inmediacións do xeocámping.

Estas letras, pensadas para recibir aos visitantes e aos peregrinos que entran no Concello pola Ponte Nova de San Clodio, miden 1,60 metros de altura e agora só falta pintalas.

Tamén se están a construír unhas pequenas beirarrúas tanto na Rúa do Sil como no aparcamento exterior do CIMAR, e unha pequena fonte coa cuncha do peregrino.

Con respecto ao xeocámping, xa rematou o prazo para presentarse para levar a cabo a súa explotación e proximamente evaluaranse as propostas das empresas que participaron na licitación pública.

0.18582510948181