Unha xornada de portas abertas para coñecer o proxecto de investigación no Escourial celebrarase o xoves

RibeiraSacraXa
Unha xornada de portas abertas para coñecer o proxecto de investigación no Escourial celebrarase o xoves, 29 de xuño
Portas Abertas O Escourial
28 Xuño 2023

O Concello da Pobra do Brollón organiza unha xornada de portas abertas para coñecer o proxecto arqueolóxico do Escourial, en Cereixa, con motivo da investigación do CSIC neste espazo próximo ás inmediacións do castro de San Lourenzo.

En concreto, é o Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do CSIC o que está a investigar a posible relación entre O Escourial e a actividade metalúrxica dos habitantes do castro dende época prerromana.

As persoas interesadas en coñecer todos os detalles desta investigación poderán achegarse ata O Escourial este xoves, 29 de xuño, a partir das 18.00 horas, cando terá lugar o encontro de todos os participantes no Castro de San Lourenzo.

Xa ás 19.30 horas será a visita ao San Pedro na Igrexa parroquial de Cereixa e ás 20.00 horas celebraranse unha serie de charlas, acompañadas de empanada e viño na Fragua da Celsa en Rairos.

0.14490103721619