Unha vintena de persoas achegáronse ás fervenzas de Quiroga da man do Concello

O Concello de Quiroga continúa coa súa aposta pola dinamización turística a través do programa “Descubrir Quiroga”, que organiza a Concellería de Turismo en colaboración coa Deputación de Lugo. Esta fin de semana, as actividades centraranse nas experiencias de natureza e aventura.
A última das propostas, “As fervenzas de Quiroga: Auga que dá vida”, contou coa participación de 24 persoas, entre elas o concelleiro de Turismo, Vicente Parra, que achegouse ata a Casa da Cultura para dar a benvida aos asistentes.
A actividade permitiu descubrir algunhas das fervenzas máis destacadas do territorio pertencente ao xeoparque Montañas do Courel. A saída foi guiada por Iván Álvarez, da empresa Coureleando, e Roi Sampedro, técnico do xeoparque, que acompañaron ao grupo ao longo do percorrido.