Unha vintena de mulleres participaron nun curso de cerámica organizado polo CIM de Quiroga

RibeiraSacraXa
Dende o Centro de Información á Muller destacan a boa acollida desta actividade e barallan a posibilidade de levar a cabo outro obradoiro en vindeiras datas
obradoiro-ceramiica-cim-quiroga
9 Feb 2026

Unha vintena de mulleres participaron este sábado nun curso de cerámica organizado polo Centro de Información á Muller de Quiroga e que se desenvolveu nas instalacións do centro social.

A concelleira de Igualdade, Maite Pérez, participou neste obradoiro impartido pola artesá e ceramista Amparo Escrich Albentosa, onde traballouse no modelado manual do barro, dando forma ás pezas, para posteriormente proceder á súa decoración mediante técnicas de pintura. O proceso creativo completarase nos vindeiros días coa cocción das pezas nun forno especializado, a unha temperatura superior aos 1.200 graos, un paso fundamental para garantir a resistencia e o acabado final dos obxectos realizados.

Dende o CIM destacan a boa acollida desta actividade e barallan a posibilidade de levar a cabo outro obradoiro en vindeiras datas.

⚙ Configurar cookies
0.054275035858154