Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue estará na Pobra do Brollón

RibeiraSacraXa
Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue estará na Pobra do Brollón este luns, 17 de xullo
sangue doazon reservas grupo sanguineo 1
16 Xul 2023

O servizo da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará o luns, 17 de xullo, fronte ao cuartel da Garda Civil da Pobra do Brollón de 16.00 a 18.30 horas.

Así, a unidade móbil estará dispoñible para as persoas que queiran participar da doazón de sangue para as persoas que máis o necesiten da comumidade galega.

Desde a entidade lembran que para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar dúas horas, así como é necesaria a tarxeta de doazón, o DNI ou documento similar, ademais de ter que avisar de se toma algún medicamento.

Doa sangue a pobra do brollon
0.15816307067871