Unha sociedade de Bos Aires loce unha placa da Pobra do Brollón

RibeiraSacraXa
Desde o Concello mandouse esta placa á Arxentina en homenaxe ás veciñas e veciños que fixeron a emigración transatlántica
Argentina-Pobra-do-Brollón
19 Xuño 2024

A Sociedad Mutua de Residentes del Ayuntamiento de La Puebla de Brollón en Temperley, localidade de Bos Aires, Arxentina, xa loce a placa que dende o Concello fixéronlles chegar en homenaxe ás veciñas e veciños que fixeron a emigración transatlántica.

Desde o Goberno municipal destacan que isto foi posible grazas ao investigador guímaro, Xurxo Ayán, que aproveitando a súa visita alí fixo entrega da placa en nome do Concello. Tamén entregou dous libros asinados pola poeta e veciña Olga Novo, cuxo propio avó estivo emigrado en Temperley, como tamén o estivo a avoa do alcalde, Xosé Lois Maceda.

"Con esta placa queremos agradecer a labor de embaixadores e embaixadoras da Pobra do Brollón que fai esta Sociedad en Arxentina, país que lles deu tantas oportunidades aos nosos e nosas emigrantes" destacan desde o Concello.

0.16400694847107