Unha ruta pola ribeira da freguesía de Santo Estevo de Atán terá lugar o 12 de outubro

RibeiraSacraXa
Este xoves terá lugar un percorrido de 8 quilómetros pola ribeira da freguesía de Santo Estevo de Atán e visitarán a Igrexa románica de Santo Estevo de Atán, actividade organizada pola Asociación Segredos de Pantón.
segredos panton
11 Oct 2023

Este xoves terá lugar un percorrido de 8 quilómetros pola ribeira da freguesía de Santo Estevo de Atán e visitarán a Igrexa románica de Santo Estevo de Atán, actividade organizada pola Asociación Segredos de Pantón.

Desta maneira, mañá, a partir das 10.00 horas, comezará a actividade, na que as persoas participantes percorrerán a contorna da igrexa, pasando polas diferentes parroquias, pero tamén coñecerán o seu interior.

As persoas interesadas en participar desta actividade poderán apuntarse e deberán ser áxiles, xa que só hai 30 prazas ofertadas, polo que deberán contactar o antes posible con Lucas Vázquez no número 662 669 223.

Santo Estevo de Atán Segredos de Panton
0.16764879226685