Unha pancetada abre este mércores as festas de Fradé, en Taboada

A localidade de Fradé, en Taboada, está de festa desde hoxe na honra a Santiago Apóstol.
As celebracións darán comezo hoxe mércores, ás 21.30 horas cunha pancetada de balde, á que seguirá a verbena, que estará amenizada pola Charanga KM 0, para continuar a festa con DJ Cendoy.
O xoves haberá pasarrúas coa Banda Sol do Faro Brass e despois da misa, prevista para as 13.30 horas, haberá unha sesión vermú e unha festa ás 19.00 horas amenizada polo dúo Reflejos.