Unha charla sobre o futuro do viño terá lugar no local social da Lama, en Pantón

RibeiraSacraXa
A asociación de veciños A Curuxeira organiza para o venres, 24 de novembro, unha cita no local social da Lama, a partir das 20.
quiroga viñedos uvas plantas
21 Nov 2023

A asociación de veciños A Curuxeira organiza para o venres, 24 de novembro, unha cita no local social da Lama, a partir das 20.00 horas, para falar sobre o futuro do viño branco.

Contarase para esta actividade co presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, Antonio Lombardía, quen falará sobre o futuro deste produto e recurso imprescindible no sur de Lugo.

Todas as persoas que queiran participar poderán facelo achegándose ao local social da Lama, xa que é unha actividade aberta e sen custo para todos os veciños e veciñas interesados.

 

0.15741801261902