Unha charla sobre nutrición para maiores de 50 anos terá lugar o mércores en Sober
RibeiraSacraXa
Unha charla sobre nutrición para maiores de 50 anos terá lugar o mércores en Sober, no centro sociocultural
21 Mar 2023
O centro sociocultural de Sober acolle a charla ‘Nutrición’ de José Manuel García López o vindeiro mércores 22 de marzo a partir das 18.00 horas.
Esta charla informativa está enmarcada dentro do programa de envellecemento activo 'Activízate acumulando pasos', dirixido a persoas maiores de 50 anos e desenvolvido polo Campus Itinerante IV Ciclo da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
As persoas interesadas poden anotarse no Centro Sociocultural, a través do número 982 46 05 13, ou no correo electrónico cultura@concellodesober.com