Unha charla sobre como usar os caixeiros terá lugar en Folgoso do Courel o xoves

RibeiraSacraXa
Unha charla sobre como usar os caixeiros terá lugar en Folgoso do Courel o xoves
Caixeiros Abanca
18 Abr 2023

Folgoso do Courel acolle este xoves 20 de abril unha charla sobre o uso de caixeiros de forma fácil e segura.

Esta cita, que terá lugar ás 11.00 horas e será gratuíta, pretende ensinar aos veciños a usar os caixeiros para facer as súas operacións máis habituais en calquera momento.

Así, as persoas que queiran participar desta iniciativa poderán facelo acudindo ao Centro Social de Seoane.

0.065164089202881