Unha avaría obriga a cortar a circulación nos pasos a nivel de Rosalía de Castro e Juan Montes, en Monforte

RibeiraSacraXa
A circulación permanecerá cortada “por un tempo indeterminado”
pasos-a-nivel-tren-Monforte
14 Mar 2025

Unha avaría obriga a cortar a circulación nos pasos a nivel de Rosalía de Castro e Juan Montes “por un tempo indeterminado”, tal e como vén de informar o Concello de Monforte a través dun comunicado dirixido a todos os veciños e veciñas.

O motivo do cese temporal de circulación está motivado pola necesidade de reparación dunha cabeza tractora que sufriu unha avaría cando estaba realizando traballos de mantemento nas vías do ferrocarril.

Dende o Concello aseguran que Adif restablecerá a circulación con normalidade en canto o problema sexa solucionado pero non especifican durante canto tempo está previsto que se estendan os traballos.

⚙ Configurar cookies
0.29332494735718