Unha árbore do Parque dos Condes de Monforte tivo que ser talada por seguridade

RibeiraSacraXa
Un chopo no Parque dos Condes foi talado por orde do Goberno local de Monforte logo dos pertinentes informes técnicos, polo que o rexedor monfortino deu orde de proceder á tala de dita árbore por motivos de seguridade.
árbore parque dos Condes Monforte
2 Feb 2024

Un chopo no Parque dos Condes foi talado por orde do Goberno local de Monforte logo dos pertinentes informes técnicos, polo que o rexedor monfortino deu orde de proceder á tala de dita árbore por motivos de seguridade. Concretamente, esta árbore localízase na marxe do Cabe, á altura do embarcadoiro do Parque dos Condes.

O chopo actualmente está inclinado, debido ó empuxe da cepa doutras árbores, e por mor desa inclinación, xa está apoiado na caseta de madeira municipal que da servizo o citado pantalán, concretamente ás barcas utilizadas para os paseos polo río Cabe que o Concello ofrece no verán, e ó club de piragüismo da cidade, entre outros.

Por este motivo, a fin de garantir a seguridade dos usuarios do Parque, o alcalde deu orde de levar a cabo a tala desta árbore a unha empresa especializada neste tipo de traballos, xa que o actual estado da árbore, segundo os informes emitidos polos técnicos, pode supoñer un perigo para os usuarios do Parque dos Condes, e tamén pode danar a estrutura da caseta de servizos sobre a que se está a apoiar. Unha vez sexa talada a árbore, a empresa procederá á retirada da mesma.

0.18220591545105