Unha actuación teatral de Augas do Sil e un contacontos musical rematarán as actividades do ano en Quiroga

RibeiraSacraXa
O Programa 'Outono Teatral' que puxo en marcha o Concello de Quiroga remata esta semana coa actuación do Grupo de Teatro 'Augas do Sil' de Ribas de Sil, que representará esta tarde, ás 19.
Augas do Sil Ribas de Sil
28 Dec 2023

O Programa 'Outono Teatral' que puxo en marcha o Concello de Quiroga remata esta semana coa actuación do Grupo de Teatro 'Augas do Sil' de Ribas de Sil, que representará esta tarde, ás 19.00 horas a obra 'Nunca é tarde para o amor', unha comedia que fará rir a todo o público.

Ademais, o venres haberá no municipio un Contacontos Musical a partir das 17.00 horas na Casa da Cultura coa presentación do conto O Misterio do Tulipán a cargo de Yolanda Álvarez Castro, un acto organizado pola Librería Celia en colaboración co Concello de Quiroga.

https://galiciaxa.com/2023/11/rsxa/sec-rsxa/cul-rsxa/240585/

0.093123912811279