'Un xullo de ciencia e cultura', o programa de actividades de Taboada deste verán

RibeiraSacraXa
'Un xullo de ciencia e cultura', o programa de actividades de Taboada que inclúe a exposición 'Exxperimenta en feminino'
xullo de Ciencia e Cultura Taboada
22 Xul 2023

O Concello de Taboada organiza o ciclo de actividades 'Un xullo de ciencia e cultura', que inclúe actividades durante o mes de xullo e a exposición 'Exxperimenta en feminino' da Universidade de Vigo, que estará na Casa da Cultura ata o vindeiro 15 de agosto.

Concretamente, a exposición consiste nunha mostra centrada en 14 referentes femininos da ciencia e da tecnoloxía que busca espertar estas vocacións entre nenos e nenas, pero tamén combater os prexuízos vividos pola muller neste ámbito.

Con respecto a outras actividades, o vindeiro 29 de xullo terá lugar a presentación do libro 'Consciencia, a ciencia que nos rescatou da pandemia' da autora Sonia Villapol Salgado, que estará no Cuartel Vello ás 19.00 horas.

Por último, o 30 de xullo e tamén no Cuartel Vello, terá lugar o espectáculo 'Malabarística. Ciencia e diversión para todos' a partir das 20.30 horas, enfocado para nenos, nenas e familias.

xullo de Ciencia e Cultura Taboada
0.19570994377136