'Un viaje a las emociones' da comezo hoxe en Pantón

Hoxe e mañá o Hotel Balneario Augasantas acolle unha xornada de reflexión e intercambio de experiencias entre profesionais do mundo do viño acerca do enoturismo.
Esta actividade está destinada a persoas profesionais do mundo do viño, empresarios turísticos e entidades de promoción turística.
As prazas eran limitadas e había un total de 50.
Entre a programación de ambos os dous días podemos atopar diferentes visitas turísticas a miradoiros, un viaxe en catamarán polo cañón do Sil e distintas ponencias de profesionais que axudarán aos asistentes a coñecer o mundo do viño e a contorna da Ribeira Sacra.
