Un total de seis bandas participarán na primeira edición da Liorta Musical do Castañazo Rock

A organización do festival Castañazo Rock Chantada abriu este ano o seu propio concurso de bandas, “A Liorta Musical”, unha oportunidade para que novos proxectos musicais se dean a coñecer e poidan actuar na próxima edición do festival en 2026.
O concurso celebrarase o 18 de abril no Mercado Gandeiro e contará coa participación dos grupos Kúspide, Exeria, MEU Rock GZ, Nuada, Terror Erótico e ünder & Diego Flâneur. As entradas para asistir pódense adquirir ata o 17 de abril, e do concurso sairá un grupo elixido para actuar no escenario da próxima edición do festival, que se celebrará os días 30 e 31 de outubro de 2026.