Un total de dez agrupacións participarán na XIII edición dos Cantos de Taberna da Pobra do Brollón
RibeiraSacraXa
A vila prepárase para unha noite de música e tradición que terá lugar o vindeiro 6 de decembro

22 Nov 2025
O sábado 6 de decembro celebrarase a 13ª edición dos Cantos de Taberna da Pobra do Brollón, unha festa musical que reúne diversas agrupacións para ofrecer unha noite de música e tradición.
Un total de dez agrupacións participarán nesta edición, enchendo de música os bares da Pobra do Brollón. As agrupacións que participarán este ano son: Cantareiras de Fornelas, Escola de Música Samoeiro, Os Bochetas do Sil, Os Corenta e Cinco Boys, Os Ministreles, Os Parrandas, Os Somontanos, Os Tarabelos, Son do Mao e Triskeles.