Un proxecto fotográfico do alumnado do IES Val de Asma de Chantada está exposto na Casa da Cultura

RibeiraSacraXa
Un proxecto fotográfico do alumnado do IES Val de Asma de Chantada está exposto na Casa da Cultura ata o vindeiro 26 de xuño
Exposicion Nos Outros Chantada
13 Xuño 2023

O alumnado de cuarto da ESO do IES Val do Asma de Chantada ten exposta na Casa da Cultura un proxecto fotográfico chamado 'NÓS-OUTROS: O espello de Claude', que se poderá visitar de maneira gratuíta ata o vindeiro 26 de xuño.

Este proxecto fotográfico, enmarcado no programa Eduexcelencia desde a materia de Xeografía e Historia, ten como obxectivo introducir ao alumnado na Era Contemporánea da Arte, polo que o alumnado plasmou as súas ideas nunha foto.

As imaxes están enfocadas a temas como o maltrato, os sentimentos de soidade ou a exclusión social, incertidume, desexos ou simplemente retratos enfocados á personalidade de cada un dos alumnos, explican os expositores.

Din que grazas ao fotógrafo Fuco Reyes puideron aprender que unha foto é máis que unha "simple imaxe" e tamén o proceso que hai na montaxe dunha exposición fotográfica.

exposicion IES Chantada
0.4196789264679