Un obradoiro de psicomotricidade e memoria desenvolverase o 17 de setembro na Pobra do Brollón
O Concello da Pobra do Brollón organiza un Obradoiro de psicomotricidade e memoria o vindeiro 17 de setembro no salón de actos da Casa da Cultura Olga Novo.
A iniciativa, que se desenvolverá entre as 17.00 e as 21.00 horas, servirá para promover o desenvolvemento e estimulación das capacidades psíquicas, motrices, afectivas, expresivas, creativas e de comunicación dos asistentes.
Así, haberá unha fundamentación teórica baseada nas capacidades biolóxicas e motrices básicas, nas capacidades neuromotoras e sensoperceptivo motoras, de procesos cognitivos básicos, de habilidades sociais e de benestar e participación na diversidade cultural.
A encargada de impartir este taller é Jennifer Souto, enfermeira, educadora e psicóloga que se encargará se axudar aos maiores a recuperar a memoria e a súa psicomotricidade.