Un millón de luces led iluminan as rúas e prazas do Concello de Monforte

RibeiraSacraXa
As luces de Nadal de Monforte veñen de acenderse na cidade do Cabe coa participación do alcalde, José Tomé, acompañado pola tenente de alcalde, Gloria Prada, o concelleiro de Servizos, José Luís Losada, a concelleira de Cultura, Marina Doutón, o concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, a concelleira de Consumo, Regina López, e o concelleiro de Tecnoloxía e Innovación, Guillermo Díaz.
acendido luces Monforte
2 Dec 2023

As luces de Nadal de Monforte veñen de acenderse na cidade do Cabe coa participación do alcalde, José Tomé, acompañado pola tenente de alcalde, Gloria Prada, o concelleiro de Servizos, José Luís Losada, a concelleira de Cultura, Marina Doutón, o concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, a concelleira de Consumo, Regina López, e o concelleiro de Tecnoloxía e Innovación, Guillermo Díaz.

O acendido oficial tivo lugar na rúa do Cardenal, diante dun cono de 18 metros de alto (1 metro máis que en 2022) e 6 metros de diámetro a modo de árbore de Nadal co que, en verbas do alcalde “queremos transmitir unha nova esperanza, para que a xente poida facerse fotos no seu interior e para inxectar ilusión e alegría nas persoas que viven ou que visitan Monforte, sobre todo nos nenos e nenas”.

Durante o acendido das luces, tivo tamén lugar a actuación, de forma voluntaria e desinteresada, do grupo monfortino de bakucada Baturruka, que se desprazou dende a árbore da rúa do Cardenal ata a praza de España, onde está situado a Bola de Nadal, na que tamén se poden sacar fotos no seu interior.

Aposta do Goberno local polo Nadal

O equipo de Goberno investiu no alumeado de Nadal deste ano 52.000 euros, sendo a maior inversión en alumeado de Nadal na historia de Monforte, 2.000 euros máis que en 2023, un 4% máis.

O alcalde resalta que “dende o Concello potenciamos o alumeado de Nadal para impulsar o comercio e a hostalería, que son piares básicos da nosa economía. Para elo, superamos o millón de luces Led neste Nadal, e incrementamos o número de arcos colocados, que alcanzan os 260 arcos, distribuídos en 65 rúas da cidade”.

Ademais das 65 rúas iluminadas con arcos, tamén están adornadas a Torre da Homenaxe, a Praza de España, o Campo de San Antonio, a Praza de Carude, a Praza dos Chaos, a Praza da Estación, e 7 arcos de “Bo Nadal” que se ubican nas entradas á cidade de Monforte.

O alumeado funcionará ata o domingo 7 de xaneiro de 2024, permanecendo en servizo 38 días. O horario no que permanecerá encendido será de 18:30 a 2 da madrugada.

“O noso desexo dende o Concello”, subliñou José Tomé, “é que este amplo dispositivo de Nadal, sirva para dinamizar o Nadal en Monforte e animar ós monfortinos e ás persoas que nos visitan, a que saían á rúa, que disfruten da cidade e que se animen a mercar no noso comercio e a consumir na nosa hostalería, aínda que non solo hai que pensar no consumo, senón que hai que pensar en ser felices”.

0.15494179725647