Un grupo de expertos analiza en Ourense as causas do descenso demográfico da provincia nos últimos anos

RibeiraSacraXa | OurenseXa
O encontro busca trazar directrices nas políticas públicas para mellorar as condicións de vida, xerar marcos de innovación e sustentabilidade, facilitar a accesibilidade e favorecer a atracción e o arraigo da poboación
grupo-noroeste-despoboacion-ourense
12 Dec 2025

Un grupo de expertos analiza xunto aos representantes do Goberno en Ourense as causas do descenso demográfico da provincia de Ourense co fin de trasladar os seus resultados e directrices á Secretaría Xeral para o Reto Demográfico e deseñar novas políticas que revertan a tendencia.

Nun encontro que tivo lugar este venres na Subdelegación do Goberno, un equipo multidisciplinar do Grupo de traballo Noroeste abordou as directrices a tratar nas políticas públicas para mellorar as condicións de vida, xerar marcos de innovación e sustentabilidade, facilitar a accesibilidade e favorecer a atracción e o arraigo da poboación.

O grupo, formado por expertos que investigan as causas do despoboamento nas provincias de Lugo, Ourense, León, Zamora, Palencia, Asturias e Salamanca, creouse tras detectar que a evolución da poboación nos últimos 25 anos (2000-2024) é máis desfavorable no noroeste peninsular. Concretamente, as maiores caídas déronse nas provincias de Lugo, Ourense, León, Zamora e Palencia, cun descenso superior ao 10%, así como Asturias e Salamanca, con perdas de entre o 6 e o 10%.

O Grupo de traballo Noroeste está integrado polo catedrático en Socioloxía da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED), Luis Alfonso Camarero Rioja; o profesor de Socioloxía no Departamento de Teoría, Metodoloxía e Cambio Social da UNED, Julio A. del Pino; a doutora en Enxeñería Agrónoma pola USC, Inés Santé Riveira; o profesor titular de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñería da Escola Politécnica Superior de Enxeñería da USC, Emilio Rafael Díaz Varela; a catedrática na Universidade de Valladolid e investigadora sobre xeografía rural, Milagros Alario; e o catedrático de Análise Xeográfico Rexional no Departamento de Xeografía da Universidade de Salamanca, Juan Ignacio Plaza.

No encontro deste venrres participou tamén o subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, que destacou “o compromiso do Goberno de España con Ourense e co reto demográfico” e agradeceu aos expertos o seu traslado ao territorio para levar a cabo o “estudo exhaustivo” dos fenómenos implicados na diminución da poboación, que contribuirá a establecer solucións. “Estes grupos de traballo son decisivos na estratexia do Goberno.

“É fundamental apoiarse na ciencia e no coñecemento para afrontar e resolver os problemas estruturais que afectan á cidadanía, neste caso ao espazo rural da provincia de Ourense”, apuntou o subdelegado.

Por iso, explican dende a subdelegación, o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, mediante a Secretaría Xeral para o Reto Demográfico, traballa na elaboración da Nova Estratexia Nacional para a Equidade Territorial e o Reto Demográfico, o Plan Estatal “país dos 30 minutos” e un novo Observatorio da equidade territorial e o reto demográfico.

Neste senso, a Secretaría Xeral para o Reto Demográfico decidiu elaborar un plan de acción especial focalizado nestes territorios para abordar a súa problemática. O propósito do grupo de expertos é mobilizar o coñecemento sobre este territorio e sobre os procesos que interveñen nas condicións do seu descenso, con dous obxectivos. En primeiro lugar, a realización dun diagnóstico das áreas rurais do noroeste de España dentro da preocupación xeral de reto demográfico, condicións de vida, mobilidade, ordenación territorial e atención institucional e, por outra banda, a formulación de directrices de utilidade nas políticas públicas para mellorar as condicións de vida, xerar marcos de innovación e sustentabilidade, facilitar a accesibilidade e favorecer a atracción e o arraigo

⚙ Configurar cookies
0.074928998947144