Un evento de dous días baixo o título de 'Tempo para min' celebrarase o 9 e 10 de setembro na Casa da Memoria

RibeiraSacraXa
A Casa da Memoria de Bóveda organiza unha actividade de dous días, os vindeiros 9 e 10 de setembro, baixo o título 'Tempo para min', no que se afondará na importancia de coidarse, de pararse, de traballar coas mans, e de deixarse sentir.
tempo para min
28 Ago 2023

A Casa da Memoria de Bóveda organiza unha actividade de dous días, os vindeiros 9 e 10 de setembro, baixo o título 'Tempo para min', no que se afondará na importancia de coidarse, de pararse, de traballar coas mans, e de deixarse sentir.

O encontro comezará ás 10.00 horas da mañá cunha actividade de ioga, despertar do corpo, respiración e chakras ata ás 11.30 horas. Despois, ás 11.45 horas haberá un taller de coiro ata as 13.45 horas.

Ao mediodiía, haberá un tempo de comida e relax, de 14.00 a 16.00 horas, momento no que será a quenda da danza creativa, ata as 18.00 horas. E, a esa hora, impartirase un obradoiro de Baño de son, que durará ata as 19.00 horas, momento no que terá lugar o descanso e a cea. Por último, ás 21.00 horas haberá unha improvisación de música e danza.

Pola súa parte, o domingo comezará o día co almorzo conxunto ás 09.00 horas e ás 10.30 horas haberá ioga dinámico en parellas, con masaxe aiurvédica e ás 11.45 horas terá lugar un taller de elaboración de xabóns. Xa ao mediodía, haberá tempo para a comida e de relax, de 14.00 a 16.00 horas, cando terá lugar a danza circular con percusión corporal e pintura creativa. Por último, de 17.45 a 18.00 horas será a ronda final e peche do encontro.

Tempo para min Casa da Memoria
0.21304488182068